LaMontagne&PicoAmperio

Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio (DJ e produtor) en xullo de 2019 entre Santiago de Compostela e Lugo. Viñan de experiencias moi dispares. Pedro (Teo, 1995) participou do colectivo 'Hip Hop Ateneu' e dos grupos Pura Mestura e Furnier. Mentres que Laura (Lugo, 1993) experimentou nos recitáis de poesía de Compostela, en concertos en solitario e noutros proxectos previos dos que formou parte.

Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos esenciáis da súa particular expresión artística. Na súa proposta misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro e Luz Fandiño. Unha listaxe á que en 2021 se suma a poeta Xela Arias, á que está dedicado o Día das Letras Galegas.

Este sitio web utiliza cookies para asegurarlle a mellor experiencia de usuario posible. Ler mais

Aceptar cookies